Se xa es do Club podes gozar da nova aplicación de Realidade Aumentada dos Bolechas




Aínda non es do Club dos Bolechas?

Ser do club dos Bolechas é moi sinxelo! Entra aquí e FAITE DO CLUB!

Ser do Club dos Bolechas son todo vantaxes: recibirás o carné de socio de forma gratuíta na túa casa e poderás acceder a concursos, descontos e divertidos xogos en www.osbolechas.gal


COMO OBTER A CLAVE SECRETA?



Descarga e abre a túa aplicación de Realidade Aumentada dos Bolechas



Apunta coa cámara do teu dispositivo á imaxe. Activa o contido pulsando sobre el




A clave secreta é ...... ...... ......

Introduce a clave secreta e gaña fantásticos lotes de libros dos Bolechas

PARTICIPAR NO CONCURSO


XA SABES CAL É A CLAVE SECRETA?

Gañar un fantástico lote de libros dos Bolechas é moi sinxelo! Só tes que cubrir este formulario

Datos da nena ou neno





Datos da nai • pai • titor /a legal









Data


Ao participar, acepto as bases do sorteo. Os datos recollidos neste formulario son confidenciais. Xamais serán mostrados publicamente.

PREMIOS E GAÑADORES

Descobre a clave secreta e gaña un fantástico lote de 5 libros dos Bolechas

SORTEAMOS DOUS LOTES AO MES

Canto máis participes máis posibilidades tes de gañar!

Alias Localidade Idade
Leyre Moaña 4 anos
Helena Lalín 3 anos
Iker O Barco 7 anos
Lorena Burela 5 anos
Icia Vigo 3 anos
Xiana Lalín 4 anos
Izan Moraña 5 anos
Aroa Vilalba 4 anos
Marcos R. Lourenza 7 anos
Xian Martinez Santiago de Compostela 1 ano
Gael Moraña 6 anos
Sabela Gondomar 2 anos
Jesús Ourense 7 anos
Nora Lara Lugo 8 anos
Carla Sabin Ourense 7 anos
Juan Oleiros 1 ano
Varela (Daniel) Palas de Reis 5 anos
Brais Rojo A Coruña 6 anos
Xian A pobra de Trives 4 anos
Noa Cambre 4 anos
Alexandre Cangas 4 anos
Zeltia Ferrol 3 anos





BASES LEGAIS

CONVOCATORIA

Edicións Bolanda, S.L., empresa propietaria da marca Os Bolechas, con domicilio social en Rúa Preguntoiro, 36 – 1º, 15704, Santiago de Compostela con CIF B15969066 organiza un CONCURSO denominado “OS BOLECHAS. A CLAVE SECRETA”, dirixido a todos os membros do club de socias/socios dos Bolechas.


BASES DO CONCURSO

1. Participantes

1.1 Poderán participar todos os membros do club infantil “Os Bolechas”. Tanto usuarios xa rexistrados como aqueles que se dean de alta con motivo do vixente concurso.

1.2 Cada neno poderá participar todas as veces que desexe, tantas como queira, sen límite de ningún tipo. A única ferramenta para a participación é a propia web do concurso.

1.3 Para participar cada usuario deberá introducir no formulario a palabra secreta. É requisito obrigatorio o introducir correctamente a clave para ter opción a premio nos sorteos. A clave poderase descifrar a través dunha aplicación de realidade aumentada dispoñible na Play Store de forma gratuíta e accesible só para dispositivos móbiles Android.

1.4 Só poderán participar nenas e nenos residentes no territorio de Galicia.


2. Datas

2.1 Poderase participar no concurso desde o 13 de maio ata o 31 de decembro de 2015. Poderase participar tantas veces como se desexe sen limitacións de ningún tipo.

2.2 No formulario de rexistro dos participantes, as nenas/os só achegarán o seu alcume ou alias, a súa idade e a súa localidade. Para o rexistro completo do concurso, por ser os participantes menores de idade, deberase facilitar os datos persoais (nome completo, dirección, email, teléfono…) do pai, nai ou titor/a legal, ao que se lle enviará a confirmación do rexistro e co que tamén se entenderán o resto de comunicacións derivadas da participación na promoción


3. Sorteo e premios

3.1 Os premios que se outorgarán neste concurso serán os seguintes:

SORTEO MENSUAL de dous lotes de libros formados por 5 libros cada un. Sortearanse dous lotes de libros para dous participantes. O sorteo realizarase o último día hábil de cada mes e nel entrarán todas as participacións realizadas ao longo dese mes. Ese mesmo día publicaranse os dous gañadores na web do concurso.

3.2 Ningún dos premios poderá cambiarse polo seu valor en metálico.

3.3 Os títulos dos libros non poderán ser seleccionados polo gañador xa que será Edicións Bolanda S.L. a que determine o título dos mesmos.

3.4 O envío dos premios realizarase nun prazo de 20 días desde que se confirme a aceptación do premio por parte do gañador. O envío é gratuíto para un punto de Galicia.


4. Selección de gañadores

4.1 Contactarase coa gañadores vía email e/ou teléfono. No caso de non obter resposta nun período de 10 días hábiles, os premios quedan desertos.

4.2 O nome dos gañadores será publicado na web do concurso.


5. Dereitos de imaxe e propiedade intelectual

5.1. Edicións Bolanda, S.L. para o desenvolvemento deste concurso non pedirá datos persoais nin doutro tipo (só a idade e localidade) de ningún menor de idade. Os datos persoais solicitados serán dun maior de idade, pai, nai ou titor legal do menor e en ningún momento serán publicados nin cedidos a terceiros.

5.2 Tendo en conta da minoría de idade dos participantes na presente promoción, os legais representantes e/ou titulares da patria potestade dos participantes, sexan finalmente gañadores ou non, manifestan que (I) os debuxos presentados son orixinais e que os conceptos e/ou elaboracións creativas que os compoñen non foron realizados por terceiras persoas non participantes no concurso e (II) non infrinxen dereitos de terceiros. No caso de que algún terceiro reclamase dereitos de autor sobre algún dos debuxos presentados polos participantes no concurso, Edicións Bolanda, S.L. quedará exonerada de toda responsabilidade.

5.3 Os pais ou representantes legais de todos os participantes, sexan finalmente gañadores ou non (sorteos, concurso, participación), autorizan a Edicións Bolanda, S.L. a utilizar o seu propio nome e apelidos, en calquera actividade publicitaria e/ou promocional, en calquera soporte incluída a televisión, que estea relacionada co Concurso ou actividades afíns, sen que ditas actividades lles dea dereito de remuneración ou beneficio algún con excepción feita da entrega do premio gañado, no seu caso, conforme a estas Bases, durante un período de cinco anos desde a celebración dos sorteos.


6. Outras consideracións

6.1 Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito a modificar en calquera momento as condicións do concurso, mesmo a súa posible anulación antes do prazo prefixado, sempre que concorra causa xusta, comprometéndose a comunicar as novas bases, condicións do concurso ou a anulación definitiva.

6.2 Edicións Bolanda, S.L. resérvase a posibilidade de non exercitar ou facer uso dos dereitos cedidos, de forma que pode decidir á súa enteira discreción a non difusión ou publicación dos debuxos participantes, mesmo dos gañadores do concurso. O anterior sen prexuízo de que os gañadores do sorteo e do concurso recibirán, en calquera caso, o premio correspondente.

6.3 Edicións Bolanda, S.L. nin terceiros autorizados por esta asumirán ningunha responsabilidade derivada dun funcionamento inadecuado ou irregular das redes de comunicación electrónicas que impidan o normal desenvolvemento da PROMOCIÓN e que teña a súa orixe en causas alleas a Edicións Bolanda, S.L. ou terceiros autorizados por esta (sexan ou non imputables a un terceiro de mala fe).

6.4 Edicións Bolanda, S.L. nin terceiros autorizados por esta tampouco serán responsables polos problemas de transmisión ou perda de datos non imputables a estas.

6.5. Calquera utilización abusiva ou fraudulenta destas Bases dará lugar á consecuente descualificación do participante na PROMOCIÓN. Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce abuso ou fraude, cando un participante se rexistre no web utilizando unha identidade falsa ou identidades de terceiros sen o seu consentimento.

6.6 Todos os datos persoais que faciliten os interesados para participar nesta promoción pasarán a formar parte dun ficheiro automatizado responsabilidade de Edicións Bolanda, S.L. Estes utilizaranse coa finalidade de xestionar a súa participación no concurso, informar doutros concursos, promocións e produtos pertencentes a Edicións Bolanda, S.L., realizar enquisas de satisfacción, atender as súas consultas, suxestións e reclamacións, así como para comunicacións publicitarias mesmo vía correo electrónico

6.7 No caso de que os participantes desexen exercer sobre os seus datos persoais os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, poderán facelo mediante escrito dirixido a: Edicións Bolanda, S.L., Preguntoiro, 36 - 1º, 15704, Santiago de Compostela, indicando a referencia “concurso a palabra clave”. Para o exercicio de tales dereitos o interesado, dada a súa minoría de idade deberá facelo a través do seu representante legal que adicionalmente deberá enviar fotocopia do DNI do mesmo, así como de documentación acreditativa da súa condición de representante legal do interesado.

6.8 O período de reclamación da presente PROMOCIÓN finalizará trinta (30) días naturais despois da súa finalización.

6.9 Participar nesta promoción leva a aceptación íntegra polos participantes destas bases.

6.10 Edicións Bolanda, S.L. resérvase o dereito de non permitir a participación de calquera persoa cando estime que a mesma realiza un mal uso ou uso fraudulento desta promoción, mediante calquera procedemento técnico, informático ou doutro tipo

6.11 Edicións Bolanda, S.L. non se responsabiliza das posibles perdas, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros ou a Internet que poida afectar á participación e desenvolvemento do presente concurso.

6.12 A resolución de toda desavinza na interpretación e cumprimento destas bases será sometida por Edicións Bolanda, S.L. e/ou os participantes, con renuncia expresa ao foro que puidese corresponderlles, á xurisdición dos Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.








Se xa es do Club podes gozar da nova aplicación de Realidade Aumentada dos Bolechas




Aínda non es do Club dos Bolechas?

Ser do club dos Bolechas é moi sinxelo! Entra aquí e FAITE DO CLUB!

Ser do Club dos Bolechas son todo vantaxes: recibirás o carné de socio de forma gratuíta na túa casa e poderás acceder a concursos, descontos e divertidos xogos en www.osbolechas.gal