A colección de xoias dos Bolechas é unha selección de pezas pensadas e creadas para un público infantil e xuvenil por mestres ourives da firma galega Fink-Orfebres e amparadas polo selo Galicia Calidade, pola coidadosa selección de materias primas e o detalle na súa elaboración.

Fusión

A colección, que mistura a cultura raíz da serie infantil máis famosa e ampla da literatura infantil galega coa centenaria tradición ourive compostelá para crear pezas únicas, consta de 56 deseños de aneis, pendentes, colgantes e pulseiras cos sete personaxes preferidos dos nenos e nenas galegos.

Todas as xoias están elaboradas artesanalmente en prata de lei 925 e esmaltadas a man polo persoal de Fink-orfebres nos seus talleres composteláns, onde un amplo equipo de deseñadores e ourives elaboran con agarimo e coidado as pezas que agora lles presentamos.

Á venda na túa xoiaría habitual

www.osbolechas.gal Deseñado e fabricado en Galicia por