 Manuel Murguía
 Manuel Murguía
 
                        
                                Ficha do libro
                                
                            
                            ISBN: 978-84-697-5410-8
Dimensións: 16x16 cm
Páxinas:  24
Idioma:  Galego
Encadernación: Tapa dura
Descrición:
               Sonia convértese no escritor e historiador Manuel Murguía, máis coñecido por ser o esposo de Rosalía de Castro. Para iso pon unha chistera, que o autor usaba para parecer máis alto, xa que era moi baixiño. E, xa co sombreiro, narra un conto que escribiu o que foi primeiro presidente da Academia Galega para os escolares de hai máis de 150 anos: La primera luz. Trata dun mestre que reprende os alumnos por rirse dun neno que fala galego e aproveita para explicarlles a importancia e a beleza desta lingua.




