Todas as persoas temos diferentes capacidades, pero todas e todos podemos facer case todo aínda que ás veces, para algunhas cousas, precisemos un pouco de axuda. Aquí atoparedes algunhas ideas para facermos un mundo máis inclusivo onde todas as persoas vivamos máis cómodas e felices.

Iniciativa didáctica

Cogami e os Bolechas


A diversidade é un feito inherente á nosa sociedade: cada persoa é diferente e ten unhas capacidades determinadas que debemos ter en conta para construír unha sociedade inclusiva na que todas e todos poidamos vivir en igualdade.


Para interiorizar isto desde a infancia, Cogami e os Bolechas puxeron en marcha esta iniciativa didáctica coa que imos traballar as distintas capacidades e promover a igualdade e a diversidade como valores fundamentais.


A través de xogos, actividades e diversas iniciativas, imos descubrir que é posible construír unha sociedade inclusiva no que todas as persoas poidamos participar e convivir.



unidade didáctica

Unha unidade didáctica pensada para traballar o ámbito da discapacidade desde a perspectiva da diversidade, o respecto e a empatía. Adaptable para escolares de 3 a 8 anos, ofrece un primeiro contacto cun tema de gran relevancia para a formación integral das nenas e nenos.


Descargar unidade didáctica - Profesorado Descargar unidade didáctica - Alumnado

Xogos

3 niveis

Sopa de letras

Busca as palabras escondidas en tres sopas de letras: tipos de discapacidades (doado), recursos que axudan as persoas con diferentes capacidades no seu día a día (medio) e 6 principios fundamentais recollidos na declaración dos Dereitos do Neno e da Nena de Unicef (difícil).

COMEZAR

Preguntas e respostas

Quiz Bolechas

Demostra os teus coñecementos en distintas materias: Accesibilidade (verde), Discapacidade (laranxa) e Educación Inclusiva (amarelo).

COMEZAR

Xogo interactivo

O Desafío

Constrúe unha contorna inclusiva na que todo o mundo se sinta a gusto. Busca un elemento que favoreza a accesibilidade de todas as persoas. Se o logras, pasarás ao seguinte nivel. Poderás completar todas as pantallas?


COMEZAR

Descargas

Descargables Bolechas