COMO PARTICIPAR?



Temática

O concurso xira arredor da vida escolar. Pensa nun deseño que represente o teu cole e o que fas nel e píntao na sección “Debuxar agora” desta web ou en papel, na folla-modelo que podes descargar aquí. Poderás gañar moitos premios!



Como participar?

É moi fácil. Se debuxas na propia web só tes que darlle a “Participar” e seguir as instrucións. Se o fixeches en papel, escanea o debuxo ou sácalle unha foto e súbea á web. Tamén podes mandala ao email cole@osbolechas.com. Cada debuxo irá á súa categoría, segundo a idade do artista.



Pinta canto queiras

Podes participar as veces que queiras e así ter máis opcións para gañar os nosos fantásticos premios. Se te rexistraches na web, só tes que acceder co teu email e contrasinal para gardar os novos debuxos.