O Autor, Pepe Carreiro


O creador dos Bolechas é Pepe Carreiro, humorista gráfico, debuxante, ilustrador, deseñador gráfico e guionista que deu vida a esta familia no ano 2000. Moi pronto Os Bolechas convertéronse en protagonistas da máis importante e famosa serie da literatura infantil galega, unha auténtica revelación editorial con máis de 500 títulos publicados e preto dun millón e medio de exemplares distribuídos.

A proximidade das historias que narra Pepe Carreiro e a sinxela linguaxe que utiliza fai que os nenos se sintan cómplices e coprotagonistas, unha característica que se repite nesta nova colección.