O reto de BraulioTuber

Como é habitual, BraulioTuber tamén premia a fidelidade e confianza das amigas e amigos dos Bolechas con premios.

Ao final de cada capítulo Braulio lanza un reto á audiencia. Trátase dunha pregunta relacionada co contido do programa que a persoa debe contestar no formulario da web para entrar no sorteo. Entre todos os que contesten correctamente cada mes sortearase… un curso de inglés dos Bolechas! (Valorado en 49 €). O sorteo realizarase o último día laborable de cada mes entre todos os participantes dese período.

E sempre coa alegría e a diversión que caracterizan os Bolechas. Responde ao reto, cobre o seguinte formulario e poderás gañar un curso de inglés dos Bolechas!.

***Este formulario deber ser cuberto por unha persoa maior de 14 anos. Se es menor pide a túa nai/pai ou titor/a que o faga por ti.

***Ao participar, acepto as bases do sorteo