Imos comezar unha nova aventura, iremos camiñando,
a cidade máxica está agardando a que vaiamos descubrir tódolos seus bairros.
A porta do camiño estaba aberta,
unha señora de pedra convidounos a pasar,
as nenas xogaban polas rúas, todo era felisidá.
Ninguén o pasa mal nesta cidade,
as follas caen ao son das badaladas,
harmonizadas cos relinchos dos cabalos da fonte principal.
Negras, brancas ou pintadas,
loiras, morenas ou refuxiadas,
todas somos benvidas,
nesta cidade non hai inimigas.
Só existe o que queiras ver…
imaxina o que queiras ser…
A cidade máxica (uuuuu)
é fantástica (uuuuu)
A cidade máxica (uuuuu)
é fantástica (uuuuu)
Non quero rematar esta aventura,
quero quedarme aquí,
a cidade máxica está agardando a que vaiamos descubrir tódolos seus bairros.
Sangrei arte polas veas,
a música en directo facíame vibrar,
namorei da mestura das flores que pintaban a cidade de cores.
Reciclamos todo co que xogamos,
non mercamos, reutilizamos,
abre a mente,
pecha os ollos,
todo é teu, todo é de todos.
Gobernantes, titiriteiros,
ninguén manda, todos van primeiro,
todas somos benvidas, nesta cidade non hai inimigas.
BIS