Disfrutei o sol dándome na cara.
Saltei con tódalas miñas ganas.
Borrei a cor da miña mirada.
Namorei cas túas parvadas.
Xa fai tempo comezou a miña outra vida,
gañei con creces esta partida,
e fixen todo o que quixen,
e farei todo o que me praza.
Grazas a ti por facerme voar nesta nube de rodas tan xenial,
teño todo o camiño que queira, non existen obstáculos no aire.
Grazas a ti por facerme ver, por facer sentirme tan elegante,
cun corpo de ferro, nun mundo de medo.
Calmei a dor na miña faciana,
con moito esforzo e con moita calma.
Ti tamén podes volver a rir, a soñar, a navegar,
tes dereito a vivir!
O que antes era cruz agora virou en cara,
as cartas non estaban marcadas,
non existe truco cando hai maxia,
sempre te terei na miña retagarda.
BIS
Corrín mil maratóns, empuxando o corazón,
sen baixarme do sillón escoitando a túa voz,
(animándome por sempre, animándome por sempre)
Animándome por sempre
aínda que a cousa fora ben, regular ou bastante mal…
Animándome por sempre
Aposta sempre polo amor
Aposta sempre polo amor
Aposta sempre polo amor…
BIS