Cancións
  • Descubre o novo traballo dos Bolechas e Monoulious Dop
  • Cancións
  • Descargas
  • Comprar

Os Bolechas son así

Chegou o día, chegou, chegou a festa,

chegaron todas e tódolos Bolechas,

pon atención que palpita o corazón

vas a coñecer os personaxes da televisión.


Carlos ten sete anos é o maior de tódolos Bolechas,

e comellón e un pouco bruto e gústanlle os bonecos con moito músculo.

A Loli gústalle xogar con todo tipo de xoguetes, dálle igual,

coches, bonecos, grandes, pequenos,

é activa e positiva e ten 6 anos nada máis.

A Pili gústalle a carpintaría, gústalle a mecánica un montón,

é un pouquiño máis seria que Loli, son irmás xemelgas con distinto corazón.

O terceiro en idade é Braulio, non se deixa ver na intimidade,

é cerebral e despistado, gústalle a ciencia e a música.


Chegou o día, chegou, chegou a festa,

chegaron todas e tódolos Bolechas,

pon atención que palpita o corazón

vas a coñecer os personaxes da televisión.


Sonia só ten tres aniños, é un pouco caprichosa e mimenta,

gústalle vestir con cousas de muller e gústalle xogar a ser esteticién.

O máis pequeno da familia non fala, é un bebé e chámase Tatá,

é moi serio e curioso e lévase moi ben co can.

O can chámase Chispa, é un can que non ladra sen razón,

é un husky da Siberia, a súa presenza mola mogollón.

Tamén están papá, mamá, os avós, os tíos e as curmás,

Lusco e Fusco e moitos máis…

BIS

BIS


Atrás