A colección


Tras o éxito dos primeiros 12 tomos, a Biblioteca Básica Os Bolechas amplíase con 6 novos títulos que complementan esta colección destinada a converterse na primeira biblioteca das nenas e nenos galegos.


6 novos títulos

A Biblioteca Básica

A Biblioteca Básica Os Bolechas recolle o espírito dos populares personaxes infantís cun enfoque máis didáctico e cun alto valor pedagóxico. Cada un dos 18 libros achega unha realidade cotiá aos lectores, a través de contidos adaptados ás súas idades, o que converte esta Biblioteca nunha ferramenta de grande axuda para pais e educadores á hora de achegar novos coñecementos e formar os cativos en valores universais así como tamén en hábitos seguros e saudábeis.

A diversión dos Bolechas, unida ao carácter divulgativo da Biblioteca, fan desta colección un excelente recurso para escolares de educación infantil e primaria.

Serie familiar

As historias dos Bolechas transcorren na vida real e en situacións cotiás facilmente recoñecibles para os lectores.

Valor educativo

Apoio didáctico ao profesorado de educación infantil e primaria para ensinar valores e conceptos básicos ao alumnado.


O libro fala

Recursos sonoros de fácil acceso desde ordenadores e dispositivos móbiles (smartphones e tabletas).

Fácil lectura

Pictogramas pedagóxicos que fomentan a comprensión e estimulan a atención e a imaxinación.