O libro fala


Ao igual que os anteriores, os novos títulos da Biblioteca Básica Os Bolechas inclúen recursos sonoros que acompañan e enriquecen a lectura e que son accesíbeis tanto desde ordenadores como desde dispositivos móbiles, como teléfonos, tabletas…

Para acceder ao banco de sons dos libros hai dúas opcións:

  • Desde un dispositivo móbil (tabletas, smartphones...), utilizando os códigos QR que aparecen nas páxinas dos libros. Para isto, hai que ter un lector de códigos QR e acceso a Internet. Tan só hai que situar a cámara do dispositivo sobre o código e oír o son correspondente a esa imaxe.

  • Desde a sección “O libro fala” da web dos Bolechas. Escríbese o código que aparece ao principio de cada libro e accédese ao catálogo de sons dese título.