Os Bolechas visitan Ribadeo esta fin de semana

Os Bolechas corpóreos collerán este domingo o seu R4 para promocionar a lectura na Feira do Libro de Ribadeo. 


17 de xullo de 2014



Este domingo, 20 de xullo, Os Bolechas viaxarán ata Ribadeo que esta fin de semana retoma a Feira do Libro que levaba dúas décadas sen celebrarse.

O Concello, en colaboración coa agrupación cultural Francisco Lanza e a Federación de Libreiros de Galicia, lograron recuperar esta iniciativa que pretende dinamizar a lectura, sobre todo entre os máis pequenos.

E ninguén mellor para iso que Os Bolechas, que estarán no parque de San Francisco a partir das 12.00 h co R4 e con toda a animación que caracteriza as saídas dos irmáns creados por Pepe Carreiro.









Arquivos