Os Bolechas percorren 21 localidades galegas ata o 13 de decembro

Fieis á súa cita de outono, Os Bolechas chegan un ano máis a FalaRedes co espectáculo Aquí hai moito ruído para facer as delicias da cativada. A xira levará os Bolechas por 21 municipios de toda Galicia co fin de ofrecer alternativas de ocio en galego para o público infantil e familiar.


03 de novembro de 2026



Os Bolechas están a piques de descubrir o fascinante mundo da música cando un misterioso personaxe, farto do ruído, decide facer desaparecer todos os sons. Un a un, os instrumentos, as voces e as cancións van quedando en silencio. Os Bolechas terán que descubrir onde foron parar e emprender unha divertida aventura para recuperalos e conseguir que a música volva soar.

 

Como é habitual, o obxectivo deste espectáculo é ofrecer espazos de lecer en galego atractivos para a cativada, en liña co FalaRedes, o programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral da Lingua da Xunta de Galicia que pretende promocionar o uso do galego e ampliar a oferta de ocio no noso idioma.

Para iso, ademais de contar cuns personaxes especialmente queridos entre o público infantil e familiar, proponse de novo un espectáculo centrado na participación e con gran protagonismo da música, dous dos elementos que garanten o éxito destas propostas.

Ao longo destes anos, comprobamos que a música conecta profundamente coas nenas e nenos. É unha ferramenta de expresión, pero tamén de inclusión que abraza a diversidade da infancia, sintonizando coas súas problemáticas, necesidades especiais e sensibilidades desde o respecto e a empatía, de aí esta nova aventura na que a música e a diversión estarán garantidas.  

Calendario da xira

VALGA. VENRES, 6 DE NOVEMBRO. 18 H. AUDITORIO MUNICIPAL.

ORDES. SÁBADO, 7 DE NOVEMBRO. 12 H. CASA DA CULTURA.

ABEGONDO. DOMINGO, 8 DE NOVEMBRO. 18 H. CENTRO CULTURAL O SALÓN.

A TEIXEIRA. XOVES, 12 DE NOVEMBRO. 12:30 H. CPI VIRXE DO REMEDIOS DE CASTRO CALDELAS.

PADRÓN. VENRES, 13 DE NOVEMBRO.18 H. CASA MUSEO ROSALÍA DE CASTRO.

CORISTANCO. SÁBADO, 14 DE NOVEMBRO. 12 H. CASA DA CULTURA.

ARZÚA. SÁBADO, 14 DE NOVEMBRO.18 H. CAPELA DA MADANELA.

OUTES. DOMINGO, 15 DE NOVEMBRO.19 H. CASA DA CULTURA.

BERGONDO. DOMINGO, 22 DE NOVEMBRO. 12 H. EDIFICIO SOCIOCULTURAL A SENRA.

ARES. XOVES, 26 DE NOVEMBRO. 18:30 H. ALIANZA ARESÁ.

BAIONA. VENRES, 27 DE NOVEMBRO.PM. PRAZA DO CONCELLO.

NEGREIRA. VENRES, 4 DE DECEMBRO. 19 H. AUDITORIO AFONSO EANES DO COTÓN.

FISTERRA. SÁBADO, 5 DE DECEMBRO. 17 H. MERCADO CULTURAL.

VEDRA. DOMINGO, 6 DE DECEMBRO. 12 H. CENTRO SOCIOCULTURAL.

PALAS DE REI. DOMINGO, 6 DE DECEMBRO. 18 H. CASA DA CULTURA.

BEGONTE. MARTES, 8 DE DECEMBRO. 17 H. CENTRO CULTURAL JOSÉ DOMÍNGUEZ GUIZÁN.

CEDEIRA. MÉRCORES, 9 DE DECEMBRO. 12 H. AUDITORIO MUNICIPAL.

ROIS. VENRES, 11 DE DECEMBRO. 18 H. AUDITORIO MUNICIPAL.

CARRAL. SÁBADO, 12 DE DECEMBRO. 12 H. EDIFICIO TOÑITO ESPIÑEIRA.

CERDEDO-COTOBADE. SÁBADO, 12 DE DECEMBRO. 19 H. AUDITORIO DE CERDEDO.

ALLARIZ. DOMINGO, 13 DE DECEMBRO. 18 H. CASA DA CULTURA.









Arquivos