Facédevos cun pack de entroido dos Bolechas

Queremos celebrar o Entroido premiando a fidelidade das nosas socias e socios, polo que creamos para eles un lote de produtos que farán moito máis divertidas estas festas. Está xa dispoñible na zona de socios da nosa web. 


26 de febreiro de 2014



Para celebrar o Entroido e premiar a fidelidade e o cariño dos nosos socios e socias, vimos de crear unha nova actividade que é, ademais, un divertido agasallo moi propio destas datas. Trátase dun pack de Entroido no que se inclúen todas as caretas dos Bolechas e un festón para decorar a casa durante estes días e non esquecer que estamos nunha das datas máis divertidas e falcatrueiras do ano.

Para facerse co lote tan só hai que ir á zona privada desta web, “Únete ao club”, ou directamente ao enlace http://bit.ly/1hxEeef. Se xa sodes socios do club, só tedes que entrar co voso usuario e contrasinal e ir á zona de xogos, onde atoparedes o de entroido.

Se non sodes socios, a páxina permite que vos fagades desde aí mesmo. Só vos levará dous minutos! E xa co voso usuario e contrasinal podedes entrar na zona privada da web e gozar deste lote de entroido e de todos os xogos dispoñibles.

Para facervos co material só tedes que darlle a “descarga” e imprimir o documento. Despois tan só hai que recortar as caretas para convertervos no voso Bolecha preferido. No caso da grinalda, tan só hai que seguir as sinxelas instrucións que veñen na folla: colorear as letras e os círculos, dobrar polas liñas marcadas e recortar pola liña de puntos.

E teredes un fantástico adorno de entroido feito por vós mesmos. Unha boa actividade para estes días de vacacións.

Que o pasedes moi ben!!! 









Arquivos