Os Bolechas cantan con Lady Vina este Nadal

Á venda en www.servinova.com as entradas da xira de Nadal “Os Bolechas cantan con Lady Vina” que percorrerá 11 vilas galegas. Ata o 9 de decembro as entradas teñen prezo rebaixado.


28 de novembro de 2013



Os Bolechas están a traballar arreo na súa xira de Nadal que os levará a once cidades e vilas galegas. Á espera de poder concretar algunha nova data, o espectáculo comezará o día 22 de decembro en Vilagarcía e pasará por Pontevedra (23 de decembro), Vigo (día 26), Burela (27), Santiago (30), Cangas (2 de xaneiro), Ourense (3 de xaneiro), Narón (día 4), Lugo (6), A Coruña (7) e Vilalba (8 de xaneiro).

Trátase dun dos maiores espectáculos infantís do ano, cos Bolechas da tele e actores que levarán por toda Galicia “Os Bolechas cantan con Lady Vina” un musical no que se poderán escoitar algunhas das novas cancións do disco Os Bolechas fan unha banda, ademais de acrobacias e moitas sorpresas que farán as delicias de toda a familia. 

As entradas poden adquirirse xa na páxina web www.servinova.com ou no teléfono 902 504 500. Ata o día 9 de decembro terán un prezo especial de 10 euros. Ademais, nos teatros e auditorios onde se represente o espectáculo haberá un posto de venda de produtos dos Bolechas nos que se poderá descontar ata 4 euros en tres produtos mostrando a entrada. 

Unha ocasión única para gozar de todo o Universo Bolechas este Nadal.

 









Arquivos