Soutomaior recibe este sábado Os Bolechas

Os Bolechas corpóreos estarán este sábado 26 de xullo a partir das 12.00 h no peirao de Arcade, onde repartirán un libro sobre o seu paso polo municipio.


24 de xullo de 2014



Os Bolechas corpóreos participarán este sábado na programación estival do concello para presentar, coa animación que os caracteriza, o novo libro que veñen de publicar. A festa terá lugar no peirao de Arcade a partir das 12.00 h.

Os irmáns creados por Pepe Carreiro farán un pasacalles polo peirao, onde despois os populares personaxes bailarán algúns dos temas do seu disco e fotografaranse con todos os presentes.

Ademais, todos os nenos recibirán como agasallo o conto Os Bolechas en Soutomaior, unha historia na que os personaxes percorren os recunchos máis emblemáticos do municipio, como o Castelo, a praia de Arcade, a ponte de Camboa, o río Verdugo ou o miradoiro Virxe da Peneda. O libro inclúe tamén debuxos para colorear e pasatempos ideais para este tempo de verán.









Arquivos