Celebra o Entroido 2022 cos Bolechas!

Chega o Entroido e os Bolechas queremos celebralo con toda a cativada galega dun xeito moi especial. Para iso preparamos un Concurso Escolar de Entroido para centros de infantil e primaria.


14 de febreiro de 2022



Participar no Concurso de Entroido é moi sinxelo!

Só tedes que enviar algunha fotografía sobre a temática do Entroido cun título á dirección de correo electrónico: osbolechas@osbolechas.com.

Pode ser unha foto da clase disfrazada, un detalle do entroido, un disfrace típico da zona… o que queirades. Todas as fotos entrarán no sorteo de 20 fantásticos agasallos e recibirán un diploma de participación.

O prazo para enviar as fotos estará aberto do luns 21 de febreiro ao venres 4 de marzo e o día 7 de marzo farase o sorteo entre todas as fotos enviadas.

Esperamos as vosas fotografías! 

 

Bases do Concurso Escolar de Entroido

1.- Compañía organizadora

Ediciones Bolanda, S.L., empresa editora dos Bolechas, con domicilio social en Rúa Preguntoiro, 36 – 1º, 15704, Santiago de Compostela (A Coruña), con CIF B15969066 organiza un CONCURSO denominado “O ENTROIDO” a través da súa web e redes sociais.


2.- Duración e ámbito
O concurso desenvolverase de forma paralela á celebración do Entroido 2022 e os premios resolveranse por sorteo. O concurso comeza o lun, 14 de febreiro e remata o venres, 4 de marzo. O sorteo celebrarase o día 7 de marzo de 2022.
Por causas de forza maior, causa extraordinaria xustificada e razoable ou por imperativos legais, EDICIONES BOLANDA, S.L. poderá decidir en calquera momento a interrupción e/ou finalización anticipada deste concurso.
O concurso esta orientado aos centros de educación galegos, polo que o ámbito xeográfico redúcese a Galicia. Os premiados
recibirá o seu premio nun punto de Galicia de forma gratuíta.

3.- Forma de participación e mecánica da promoción
“O ENTROIDO” é un concurso que se realiza a través das redes sociais e está dirixido aos profesores/as de Educación Infantil e Primaria.
Cada profesor/a inscribirá a súa clase contando o que consideren sobre o Entroido, sobre o que están a traballar este ano, tradicións, disfraces, gastronomía, historia, etc.
Optarán ao premio da presente promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos que cumprimenten todos os datos solicitados na plataforma do concurso.
As inscricións debidamente cumprimentadas serán numeradas por orde de recepción.
Consideraranse como nulas, a efectos da súa participación no sorteo, aquelas inscricións que non faciliten a totalidade dos datos persoais requiridos. Os datos persoais facilitados deberán ser veraces; en caso de falsidade, erro ou inexactitude, os solicitantes consideraranse automaticamente non admitidos no sorteo.

4.- Idades dos participantes
Poderán participar na promoción todas aquelas persoas maiores de 18 anos e que sexan profesores/as de Educación Infantil e Primaria nun centro de educación de Galicia.

5.- Premio, sorteo e entrega do premio
Os premios serán:
- 3 impresoras Canon Pixma TS315
- 3 lotes de libros compostos por 50 libros dos Bolechas (cada lote)
- 7 discos “Os Bolechas fan unha banda”
- 7 discos “Os Bolechas Chis Pum”

Tras o sorteo contactarase co gañador para a aceptación do premio, vía telefónica ou por e-mail, e deberán facilitar a Ediciones Bolanda, S.L. o seu D.N.I. e confirmar o seu domicilio actual, así como a aceptación do premio, para a súa remisión sen custo.
En ningún caso poderá substituírse o premio polo seu valor económico, nin poderá cederse a outra persoa distinta do gañador.
Ediciones Bolanda, S.L. resérvase o dereito a deixar o premio deserto, no caso de que ningún participante cumpra os requisitos citados nestas bases.
O dereito ao premio caducará aos 10 días da data de celebración do sorteo, sempre que medie intento de entrega no domicilio indicado.
Os premios serán remitidos por unha entrega personalizada nun prazo de 30 días laborables. O porte é gratuíto só para o ámbito territorial de Galicia.

6.- Reservas e limitacións
Entenderase, a título enunciativo pero non limitativo, que se produce fraude, cando se detecta o suposto uso de aplicacións independentes ao
website; a realización dun abuso de consultas ao servidor e todos aqueles comportamentos que poidan resultar aparentemente abusivos e/ou malintencionados.
A constatación de calquera destas circunstancias durante o concurso suporá a descualificación automática do participante así como a perda do premio se se lle tivera outorgado.
Ediciones Bolanda, S.L. queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados que impedise a súa identificación.
Igualmente, non se responsabiliza das posibles perdas, deterioracións, roubos ou calquera outra circunstancia imputable a correos que poidan afectar o envío dos premios.
Ediciones Bolanda, S.L. resérvase o dereito de emprender accións xudiciais contra aquelas persoas que realicen calquera tipo de acto susceptible de ser considerado manipulación ou falsificación do concurso.
Ediciones Bolanda, S.L. exclúe calquera responsabilidade por danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento dos servizos mediante os que se participa na promoción, á defraudación da utilidade que os usuarios houberen podido atribuír aos mesmos, e en particular, aínda que non de modo exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet.
Ediciones Bolanda, S.L. resérvase o dereito a efectuar cambios que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo na forma en que recollen as presentes bases.
Ediciones Bolanda, S.L. resérvase o dereito a aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais.
Así mesmo, a empresa organizadora quedará exenta de toda responsabilidade se concorrera algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o goce do premio.

7.- Protección de datos
Os datos fornecidos polos participantes serán tratados confidencialmente e recompilados nun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal, sendo Ediciones Bolanda, S.L. titular e responsable de devandito ficheiro, con domicilio social en Preguntoiro , 36 – 1º, cuxa finalidade será a xestión do presente sorteo.
Ediciones Bolanda, S.L. garante o cumprimento íntegro da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de Protección de Datos de Carácter Persoal no tratamento dos datos persoais recollidos no presente CONCURSO, en especial polo que se refire á atención do exercicio dos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos persoais dos concursantes.

10.- Aceptación das bases
A simple participación no concurso implica a aceptación das presentes Bases, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e, como consecuencia diso, Ediciones Bolanda, S.L. quedará liberada do cumprimento da obrigación contraída con devandito participante.









Arquivos