O avó Emiliano cumpre… 70 anos!

Tendes xa o voso convite para a festa de aniversario do avó Emiliano? Cumpre 70 anos e os Bolechas queren facerlle a mellor festa do mundo. Non pode faltar ninguén!


11 de outubro de 2022



Os Bolechas volven participar no programa de dinamización lingüística FalaRedes, que enche de actividades en galego o tempo de lecer nos concellos pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.

Desde este sábado 15 de outubro ata decembro a popular familia visitará 21 localidades das catro provincias para que todas as nenas e nenos que o desexen poidan celebrar o aniversario do avó Emiliano. E, como non, pasalo en grande cos Bolechas nun espectáculo xa tradicional que reúne diversión e aprendizaxe con monicreques e participación activa do público para gozar en familia.

Calendario:

sábado, 15 de outubro. MELÓN. 12 horas. Polideportivo de Quins

sábado, 15 de outubro. VILAMARÍN. 17 horas. Auditorio Municipal

 

sábado, 22 de outubro. SALCEDA DE CASELAS. 18 horas. Auditorio Municipal

domingo, 23 de outubro. MONTEDERRAMO. 12 horas. Claustro do Mosteiro

domingo, 23 de outubro. MASIDE. 18 horas. Antigo colexio da Alameda

venres, 28 de outubro. VEDRA. AM horas. Casa da Cultura de San Miguel de Sarandón

sábado, 29 de outubro. ARANGA. 17:30 horas. Anexo CEIP A Castellana

domingo, 30 de outubro. BOBORÁS. 17 horas. Edificio Sociocultural Manuel Chamoso Lama

 

sábado, 5 de novembro. TRIACASTELA. 19 horas. Pavillón Polideportivo

domingo, 6 de novembro. TOÉN. 18 horas. Casa da Cultura de Moreiras

sábado, 12 de novembro. BURELA. 18 horas. Auditorio da Casa de Cultura

domingo, 13 de novembro. BÓVEDA. 17:30 horas. Centro Sociocultural

sábado, 19 de novembro. ARBO. 18 horas. Auditorio Municipal

domingo, 20 de novembro. A BAÑA. 12 horas. Casa da Cultura

domingo, 20 de novembro. VIMIANZO. 18:30 horas. Salón de actos da Casa da Cultura

sábado, 26 de novembro. OIA. 17 horas. Centro Cultural de Mougás

domingo, 27 de novembro. CABANA DE BERGANTIÑOS. 18 horas. Auditorio Municipal

 

sábado, 3 de decembro. PALAS DE REI. 12 horas. Casa da Cultura

sábado, 3 de decembro. ARZÚA. 18 horas. Capela da Madalena

domingo, 4 de decembro. FORCAREI. 12 horas. Auditorio de Soutelo

domingo, 4 de decembro. CERDEDO-COTOBADE. 17:30 horas. Centro Cultural de Cerdedo









Arquivos