Presentamos novo libro en Quiroga

Non paramos! Mañá, venres 19 de decembro, presentamos na Casa da Cultura de Quiroga a nova aventura dos Bolechas neste municipio. 


18 de decembro de 2014



A Casa da Cultura do concello de Quiroga acolle mañá, venres, a presentación d´Os Bolechas van a Quiroga. A presentación do libro de Pepe Carreiro terá ás 11.30 h no salón de actos, onde se darán cita o alcalde, Julio Álvarez, e as concelleiras de Edución e Cultura. Tamén asistirán as alumnas e alumnos do CEIP de Quiroga, aos que o Concello agasallará cun exemplar da obra.

O obxectivo deste libro é dar a coñecer –sobre todo aos máis novos– o inmenso patrimonio artístico, paisaxístico, etnográfico e cultural que agocha o municipio. Para iso o Concello botou man dos irmáns Bolechas que corren unha grande aventura na vila que os leva a coñecer os principais puntos de interese, coma o Castelo dos Novaes, as igrexas da Ermida e do Hospital, as fervenzas de Vieiros, Montefurado, a Mina romana de Margaride, a Lagoa de Lucenza ou a alvariza das Barxas, entre outros.

O libro poderá adquirirse a partir de mañá nas librerías da vila e tamén no Museo Etnográfico e no Museo Xeolóxico.









Arquivos