Actividades e regalos esta fin de semana en Espacio Coruña

Este 24 e 25 de xaneiro Os Bolechas visitarán o centro comercial Espacio Coruña cunha morea de actividades para toda a familia.


20 de xaneiro de 2015



Este sábado 24 e o domingo 25 de xaneiro, de 18.00 a 20.30 h, estaremos no Centro Comercial e de Ocio Espacio Coruña cunha chea de propostas e agasallos para toda a familia. Os Bolechas chegarán ao centro no seu R4 e percorrerán toda a planta baixa de Espacio Coruña coa súa música saudando e fotografándose con todos os presentes.

Ademais o centro comercial habilitará un recinto con mobiliario infantil para que as nenas e nenos que o desexen poidan participar en diversos obradoiros dos Bolechas: debuxo, chapas e maquillaxe. No taller de chapas os cativos poderán facer a súa propia chapa dos Bolechas, e os que participen nos talleres de debuxo entrarán no sorteo de diversos regalos, como unha Biblioteca Básica dos Bolechas, un curso de inglés e un DVD cos temas dos Bolechas. O sorteo realizarase o domingo 25 de xaneiro, ás 20.30 h, e será preciso estar presente para recibir o agasallo.

Todos os debuxos realizados nestes talleres pasarán a formar parte dunha exposición que estará en Espacio Coruña até o día 31 de xaneiro.

Esperámosvos a todos esta fin de semana en Espacio Coruña!!!









Arquivos