Consigue dúas invitacións para a Xira de Nadal

O programa da TVG A Revista Fin de Semana repartirá hoxe, sábado, e mañá, domingo, 220 entradas para ver o espectáculo Os Bolechas cantan con Lady Vina.


13 de decembro de 2013



A Revista FDS repartirá 110 entradas hoxe, sábado, e outras tantas mañá, domingo. En concreto serán 20 entradas para cada unha das once localidades nas que se poderá ver o espectáculo este Nadal.

Para conseguir dúas invitacións, tan só haberá que estar moi atentos ao programa. Ao longo do mesmo darase a dirección de correo electrónico á que haberá que enviar un mail poñendo o nome da vila á que se quere ir ver o espectáculo:

  • Vilagarcía de Arousa
  • Pontevedra
  • Vigo
  • Burela
  • Santiago
  • Cangas
  • Ourense
  • Narón
  • Lugo
  • A  Coruña
  • Vilalba

As 5 primeiras persoas que pidan para cada unha das vilas o sábado recibirán dúas invitacións para acudir á función solicitada. O programa comeza ás 12.30 h. E o mesmo pasará coas 5 primeiras persoas que pidan o domingo; neste caso o programa empezará arredor das 12.15 h. Os gañadores recibirán as súas entradas a partir do luns.









Arquivos