A Muuulecha, moito máis que unha maleta

Ademais dos 12 tomos que conforman a Biblioteca Básica Os Bolechas, a colección vén cun agasallo moi especial, a Muuulecha, unha maleta correcamiños que se converterá no xoguete preferido dos nenos e nenas.




A partir de agora preparar unha viaxe ou unha excursión será moito máis divertido para os pequenos grazas a esta orixinal maleta coa que, ademais de gardar as súas cousas, poderán pasalo en grande paseándose subidos nela grazas á súa correa multifunción, que serve para para tirar ou para ser remolcado.

A Muuulecha ten unha ampla capacidade, polo que os pequenos poderán gardar as súas cousas e terán a súa propia equipaxe, ademais dun divertido xoguete. O seu atractivo deseño exterior compleméntase con múltiples utilidades e numerosas medidas de seguridade que converten a Muuulecha no agasallo perfecto para nenos a partir dos tres anos de idade. 

Ademais da correa para tirar ou ser remolcado, a maleta leva asas, para transportala comodamente como bolso, e tiras interiores de suxeición, para asegurar o seu contido. Ademais conta con pedais para apoiar os pés cando o neno ou nena é remolcado e unhas rodas de gran resistencia que soportan ata 50 kg de peso.

A Muuulecha é admitida como equipaxe de man polas principais compañías aéreas e conta cunha capacidade de 18 litros. Mide 47x20x31 cm e só pesa 1,7 kg, o que a fai moi lixeira. Non obstante está realizada co mesmo material das maletas para adultos, polo que é resistente e duradeira. E conta co sistema de "peche seguro", que evita que os dedos dos pequenos queden atrapados ao cerrala.

Para conseguila, podedes chamar ao teléfono 902 18 20 10 ou pedila directamente na web da Biblioteca Básica Os Bolechas www.osbolechas.gal/biblioteca.









Arquivos