Gaña unha bicicleta buscando a Carlos na web

Os Bolechas propoñen un novo concurso moi divertido para estas vacacións de Semana Santa. Consiste en atopar a Carlos, o irmán maior, que desapareceu da cabeceira da páxina web onde estaba cos seus irmáns e Chispa, o cadelo da familia Bolechas.




Carlos desapareceu da foto e escondeuse nalgún lugar da páxina web. Quen o atope e diga onde está, poderá gañar unha bicicleta. Unha pista: levaba unha gorra azul e unha mochila verde.

Para participar no concurso hai que ser amigo dos Bolechas nalgunha das súas redes sociais: Facebook, Twitter ou Tuenti. O obxectivo é atopar a Carlos, que leva a súa mochila verde, pola web www.osbolechas.gal. Para navegar por todas as páxinas da web recomendámosche ser socio do Club Bolechas.

Cando o atopes, mándanos un mail a osbolechas@osbolechas.com dicíndonos o lugar exacto onde está e o teu nome de usuario na rede social na que sexas amigo noso. Tes de prazo ata o luns 16 de abril ás 14:00 h.

Entre todos os acertantes sortearase unha bici BTwin infantil. O gañador coñecerase o martes 17 de abril. Anunciaremos o seu nome na páxina web dos Bolechas e comunicarémosllo ao premiado ao seu correo electrónico.

Buscade a Carlos e... moita sorte!









Arquivos