Imos ás festas do Cristo de Porriño

Os Bolechas estarán este domingo, 28 de setembro, nas festas do Cristo de Porriño participando nun pasacalles que sairá ás 18.00 h da praza Arquitecto Antonio Palacios.


26 de setembro de 2014



Porriño está a celebrar este días as festas do Cristo 2014 cunha programación repleta de actos tanto para adultos coma para os máis pequenos, que este domingo 28 poderán gozar da visita dos Bolechas.

Os bonecos corpóreos, acompañados do seu especial R4, farán un pasacalles polas rúas da vila. A saída está prevista para as 18.00 h desde a praza Arquitecto Antonio Palacios e enmárcase no V Ciclo de Animación de rúa Deputación de Pontevedra que se desenvolverá na propia praza e en diversas rúas da vila. 









Arquivos