Cinco persoas reciben as dez primeiras invitacións para o BrincaBolechas de Lugo

Cinco persoas fixéronse hoxe coas 10 entradas que se sorteaban na páxina de Facebook dos Bolechas para o BrincaBolechas que terá lugar o día 26 na cidade. Pero seguen activos os sorteos para conseguir entradas noutras sete vilas galegas. 




Rematado o prazo para facerse coas cinco invitacións dobles (10 entradas) que Os Bolechas sorteaban a través da súa páxina de Facebook hoxe, 20 de decembro, tivo lugar o sorteo no que resultaron agraciados cinco concursantes: Mar Gude Torres, Simona Trifan, Tania Varela, María Varela e Cris Goy.

Todas elas recibiron xa no seu correo electrónico unha invitación doble para acudir ao “BrincaBolechas. Circo de Nadal” que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo o día 26 de decembro ás 18.30 horas. Nese e-mail vai o teléfono ao que deben chamar e o código que deben dar para reservar as súas entradas.

Sorteos activos para sete espectáculos

Aínda que Lugo pechou xa o sorteo, aínda seguen activos outros sete concursos para Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago de Compostela, Ferrol, Lalín e Vilagarcía de Arousa. Para participar tan só hai que entrar na pestana “Sorteo entradas Brincabolechas” que atoparedes na páxina de Facebook e buscar a vila na que queredes ver o espectáculo, encher o formulario que veredes e contestar á pregunta que se fai.

Tamén tedes aí toda a información sobre os prazos, tanto de participación como de comunicación de gañadores. Todas as bases de participación están na propia aplicación de Facebook.

En cada vila repartiranse cinco invitacións dobles, é dicir, cada premiado recibirá dúas entradas. E os sorteos de Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela rematan hoxe, 20 de decembro, ás 23.59 h. Que non se vos pase!!! 









Arquivos