Presentación da campaña “Os Bolechas familia acolledora”

A presentación é este venres 18 de xullo en Santiago e contará co Autobús dos Bolechas, peza clave nesta campaña. 


18 de xullo de 2014



“Os Bolechas familia acolledora” é unha campaña cuxo obxectivo é dar a coñecer o acollemento familiar e incorporar máis personas ao programa de Familias Acolledoras da Xunta de Galicia que xestiona Cruz Vermella. Hai nenos, nenas e adolescentes que, durante un tempo, non poden ser atendidos axeitadamente polas súas familias e o mellor para eles é que vivan nun fogar cunha familia acolledora.

No marco desta campaña desenvolveranse diversas accións e actividades en diferentes localidades de Galicia polas que pasará nos próximos días o autobús dos Bolechas.

A primeira parada será a propia presentación da campaña este venres 18 de xullo, en Santiago de Compostela, a cargo da presidenta autonómica de Cruz Vermella, Carmen Colmeiro; a directora xeral de Familia e Inclusión da Xunta de Galicia, Amparo González, e a coordinadora do programa de Familias Acolledoras de Cruz Vermella, Mónica Castelao. Tras a presentación oficial na Sacristía Alta do Hostal dos Reis Católicos as autoridades uniranse aos nenos e nenas para visitar o autobús dos Bolechas, peza clave nesta campaña.









Arquivos