Brinca Bolechas visita Pontevedra nas festas da Peregrina

Os populares personaxes da familia creada por Pepe Carreiro estarán este sábado, 18 de agosto, na praza de España a partir das 21.00 horas




Este sábado, 18 de agosto, coincidindo coas festas da Peregrina de Pontevedra, terá lugar na cidade o espectáculo Brinca Bolechas. A partir das 21.00 h na praza de España a popular familia presentará o seu novo show ante todos os nenos e nenas que se acheguen a compartir con eles un rato de diversión.

A entrada á función Brinca Bolechas é de balde e haberá música en directo, circo, teatro e moita diversión para toda a familia, que poderá gozar dun grande espectáculo cos seus personaxes favoritos: Tatá, Chispa, Carlos, Braulio, Sonia, Pili, Loli e os demais membros da familia Bolechas.

A presenza de tan notables convidados na cidade do Lérez fará vibrar a todos os que se acheguen ata a praza de España este sábado a gozar das festas pontevedresas. E a próxima semana poderedes ver fotos na nosa web (www.osbolechas.gal) e nas redes sociais (http://www.facebook.com/osbolechas e https://twitter.com/OsBolechas) onde mostraremos os mellores momentos da tarde.

Sorteo en Facebook

Recordade que continúa o sorteo de verán na páxina de Facebook dos Bolechas. Os fans poden seguir elaborando relatos de verán e gañar unha táboa de bodyboard ou un papaventos. Para iso só hai que escribir unha frase na historia de cada semana e as duas que máis “me gusta” teñan doutros fans dos Bolechas conseguirán os premios.









Arquivos