O 16 de abril presentamos libro en Muros

O xoves 16 de abril presentamos no concello de Muros unha nova guía Bolechas sobre este municipio. Non faltarán todos os irmáns Bolechas que irán acompañados do seu creador, Pepe Carreiro.


07 de abril de 2015



O xoves 16 de abril Os Bolechas presentarán no pavillón de Miraflores de Muros un novo título: Os Bolechas van a Muros. Trátase dunha nova guía na que os populares irmáns dan a coñecer aos máis novos as riquezas naturais, patrimoniais e culturais da vila muradá.

Na historia, Os Bolechas visitan Muros co seu amigo Nicanor, que os leva de excursión no barco do seu avó. Na viaxe verán os animais que viven na lagoa de Xalfas, ao pé do monte Louro; practicarán deportes acuáticos na praia de San Francisco, visitarán unha batea, verán traballar ás mariscadoras, coñecerán as embarcacións tradicionais e as festas típicas da zona e comerán tortilla romana.

Hai que ver a de cousas que ten Muros!

Para presentar o libro, todos os Bolechas acudirán o próximo día 16 ás 12:00 h ao pavillón de Miraflores xunto co seu creador, Pepe Carreiro, que explicará como se constrúen as historias destes queridos personaxes infantís.

Esperámosvos a todos o xoves 16 de abril en Muros!









Arquivos