Xa temos gañador!

A bicicleta BTwin infantil xa ten dono; trátase de Roque Yáñez González, que foi o gañador do sorteo realizado entre todos aqueles que acertaron o lugar onde se atopaba Carlos tras desaparecer da cabeceira da web, onde estaba cos seus irmáns e con Chispa, o cadelo da familia.




O concurso consistía en atopar ao irmán maior dos Bolechas, Carlos, que desaparecera da cabeceira da páxina web e escondérase no último debuxo da sección “Colorear”, no apartado de “Xogos”. Centos de amigos dos Bolechas nas redes sociais Facebook, Twitter e Tuenti, atoparon a Carlos paseando por alí coa súa mochila verde e comunicárono ao correo electrónico dos Bolechas, entrando no sorteo.

Finalmente o gañador da fantástica bicicleta foi Roque Yáñez, quen recibirá o seu agasallo nos próximos días. Agardamos que goce moito del e a todos convidámosvos a seguir as aventuras dos Bolechas.  









Arquivos