Os Bolechas celebran as Letras Galegas cun novo concurso

Con motivo da conmemoración o vindeiro 17 de maio do Día das Letras Galegas, Os Bolechas veñen de pór en marcha un novo concurso na súa páxina de Facebook.     




Nesta ocasión trátase de recompilar os mellores refráns en galego. Para participar no concurso é preciso terlle dado ao “gústame” na páxina de Facebook dos Bolechas. Despois tan só hai que escribir o refrán ou dito popular favorito en galego na entrada publicada no muro con motivo do concurso. Só se pode poñer un refrán por persoa, así que hai que escollelo ben, porque o que máis “gústame” teña será o gañador e recibirá un fermoso agasallo.

Ata 17 de maio (incluído) poderedes participar e contarllo aos vosos amigos para que eles tamén poidan poñer o seu refrán ou votar polo que máis lles guste. Para que os votos sexan válidos, os votantes deberán ser tamén fans dos Bolechas en Facebook.

E o agasallo é un fermoso xersei dos Bolechas. O gañador saberase o venres 18 de maio vía Facebook, e tamén o anunciaremos na páxina web dos Bolechas.









Arquivos